Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Poio
Parroquia: Samieira (Santa María)
Lugar: Arén
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Cruceiro sen plataforma ou posiblemente soterrada baixo o asfalto. Baseamento ben definido de arestas superiores rebaixadas.

O varal e de gran altura e perímetro maior do usual. Presenta un primer tramo con retablos nos que se amosan nas catro caras os instrumentos da Paixón de Cristo. No anverso, martelo e cravos; na beira esquerda, coroa de espiñas; e na beira dereita, látego. O corpo do varal é de planta octogonal e ten diversos epígrafes en diversa disposición. Na parte máis alta temos unha pequena inscrición superficial pouco lexible, baixo dela podemos ver ben labradas as iniciais do donante:

J.S.M.

Nunha faceta de arriba abaixo:

4. 1927

Na seguinte faceta temos outra símbolos alfabetiformes cuia labra imita unha grafía escrita; e na faceta seguinte:

20 ABRI L

O ‘l’ está moi separado da palabra abril.

Inmediatamente ó epígrafe máis alto temos un santiño, inda que cunha boa labra é desproporcionado amosando unhas pernas curtas, cubertas por unha xaia. O tronco cuberto por un ‘jubón’. Porta unha espada con gardamáns na man dereita, e bigote no rostro.

Capitel con volutas angulares montadas sobre unha moldura. No Anverso vemos unha caveira sobre o equino e as tibias baixo as formas das volutas. Nas outras beiras, vemos querubíns.

A cruz é latina sen ornamentación. No anverso podemos ver un Cristo crucificado coas costas acaroadas ó pau da cruz. A anatomía está labrada polo miúdo. O pano de pureza está amarrado cunha corda. No reverso vemos a Virxe na súa advocación da Quinta Angustia. O rostro está detallado e semella sorrir. Está cuberta por un amplo manto e na túnica míranse abundantes pregos. No seu colo vemos o corpo de Cristo, proporcionalmente máis pequeno que o da Virxe e amosa unhas pernas extremadamente curtas.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Fernández de la Cigoña Núñez, Estanislao “Cruces, cruceiros e petos do Concello de Poio” Mos: AGCE, 2007. ISBN: 978-84-87904-57-8. p 150-151


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.4173304483
Lonxitude: -8.74917782849
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84