Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Poio
Parroquia: Poio (San Xoán)
Lugar: Albar
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Cruceiro situado moi preto do límite entre as parroquias de San Xoán de Poio e San Salvado de Poio.

Ten unha plataforma sinxela de cemento sobre a que se ergue o baseamento cúbico cunhas cinco cazoletas de perfil moi suave distribuídas irregularmente pola faceta superior. O varal e de arestas rebaixadas pero sección cadrada no seu primeiro terzo pero sen amosar imaxinería. Na sección media do varal amosa un santiño que porta atributos de bispo pero que non somos quen de recoñecer por non saber interpretar o que levar enroscado no corpo. Tamén hai unha inscrición pero ilexible. O Capitel é moi sinxelo, con forma de pirámide truncada inversa con arestas rebaixadas e unha flor nas facetas. A Cruz ten as arestas lixeiramente rebaixadas con Cristo no anverso e a Virxe en aptitude orante no reverso. Ambas de labra popular.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Fernández de la Cigoña Núñez, Estanislao “Cruces, cruceiros e petos do Concello de Poio” Mos: AGCE, 2007. ISBN: 978-84-87904-57-8. p 97-98


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.4374065416
Lonxitude: -8.67488209153
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84