Outra fotografía:

Tipo de ben: Petos de ánimas,
Concello: Poio
Parroquia: Poio (San Salvador)
Lugar: Avda. Sineiro 2
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Peto de ánimas de estilo neoclásico formado por unha caixa alintelada sobre o que se ergue un frontón valeiro.

A ámbalas dúas beiras do oco temos dous pequeno piares con remates moldurados. No interior do oco, pechado por unha enreixado de ferro, temos dous relevos. No superior, inscrito nun medallón ovalado, temos a representación do ‘Padre Eterno’, bendicindo coa man dereita, acompañado por dous querubíns. No marco do medallón podemos ler o seguinte epígrafe:

GLORIA · HIZOSE ESTA OBRA A ESPENSAS EL CURA DON FRANCISCO MOS · AÑO DE 1861
(Gloria · fíxose esta obra a expensas do Cura Don Francisco Mos · Ano de 1861)

O relevo inferior está inscrito dentro dun marco rectangular coas esquinas superiores cóncavas, onde podemos ver cinco ánimas, unha con mitra, ardendo nas lapas do purgatorio. No marco do relevo podemos mirar o seguinte epígrafe:

ACORDAROS HERMANOS DELAS BENDITAS ANIMAS DEL PURGATORIO
(lembrádevos, irmáns, das benditas ánimas do purgatorio)

Ámbolos dous relevos están policromados inda que con ‘lagunas’ e perda da cor polo ennegrecemento causado pola polución dos vehículo que pasar a cotío pola estrada a carón.

Detrás do peto, temos un cruceiro cunha plataforma cun chanzo elevado, baseamento baixo, de arestas superiores rebaixadas e varal uniforme con arestas acanaladas. O capitel non segue as formas usuais. Ten o perímetro case igual ao varal, amosa collarino, follas vexetais e unha flor no centro de cada faceta, a non ser baixo o Cristo no que vemos unha caveira sobre dúas tibias inda que non ten as características volutas angulares características desta zona.

Sobre o capitel temos unha cruz latina sinxela que amosa viso dunha ruptura anterior no pau superior. No anverso, Cristo crucificado baixo cartela de INRI e coa cabeza inclinada, case horizontal, cara adiante. No reverso a Virxe na súa advocación da quinta angustia sostén o corpo Cristo no seu colo.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Fernández de la Cigoña Núñez, Estanislao “Cruces, cruceiros e petos do Concello de Poio” Mos: AGCE, 2007. ISBN: 978-84-87904-57-8. p 66-68

http://xoanarcodavella.blogspot.com.es/2013/07/peto-de-animas-do-salvador-poio.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.433378191
Lonxitude: -8.6685343087
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84