Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Poio
Parroquia: Poio (San Salvador)
Lugar: A Caeira
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII), Século XX,
Descrición:

Cruceiro con pezas de diferentes épocas.

Plataforma cadrada de dous chanzos sobre a que se ergue un baseamento de perfil rectangular sendo a súa altura maior que o seu largo. As arestas superiores están rebaixadas. Ten un varal oitavado acompañado dun capitel moldurado. Ámbolos dous de acabado moi rematado e arestas moi marcadas sen visos de erosión o colonización vexetal.

A cruz tena arestas acanaladas con remares potenzados. No anverso, Cristo crucificado baixo pergamiño de INRI. Cabeza inclinada e apoiada sobre o seu ombreiro dereito. A súa perna dereita separada do pau da cruz. No reverso a Virxe Gloriosa coroada por anxos que se estenden ao longo dos brazos da cruz.

Tanto a cruz como as imaxes, a diferencia do varal e capitel, presente perda de detalle por causa da erosión ademais de colonización vexetal incrustante, musgo e liques.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.436656253
Lonxitude: -8.65566730521
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84