Outra fotografía:

Tipo de ben: Muíño,
Concello: Pontevedra
Parroquia: Marcón (San Miguel)
Lugar: Ría de Arriba
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

O muíño ten unha construción atípica nos muíños tradicionais. É de planta rectangular coas beiras máis longas desiguais entre si. Os muros son de cantería de granito de grandes pedras, e o teitume, hoxe desaparecido, de carpintería de madeira e tella rematado con penais de cantería.

O interior está divido en dous espazos: o tremiñado, coas pedras e aparellos de moenda; e unha segunda zona con outros usos. O acceso ao tremiñado realízase por unha soa porta dende o exterior pola beira máis longa e pola beira oposta unha xanela cadrada e a boca do inferno que desemboca nun canal. Pola beira estreita, que mira ao sur oeste, hai a entrada ao outro espazo.

Trátase dun muíño de maquía, é dicir, cun só propietario que cobraba unha porción da fariña moída (a maquía) a outras persoas usuarias alleas á familia do propietario.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

En estado de abandono


Onde está localizado

Latitude: 42.4194810793
Lonxitude: -8.609847799
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84