
Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Pontevedra
Parroquia: Marcón (San Miguel)
Lugar: A Barcia
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Está construído sobre unha plataforma que se eleva sobre o nivel do chairo. Por unha escaleira lateral de tres grades, pódese chegar a propia plataforma do cruceiro. Ten planta cadrada e tres chanzos. O baseamento e cúbico coas arestas rebaixadas. Na beira dereita do cruceiro, no baseamento hai indicios dun epígrafe pero resulta imposible a súa lectura, afortunadamente existe constancia do seu texto (Castelao, p. 122):
ANO DE 1769
EST OBRA
MANdO A
CER ALbER
TE PORTELA
POR SV DEVOC
Ten un varal robusto con perímetro maior do usual. Na súa base é de planta cadrada pasando a ser oitavado a un palmo da súa base. Na beira dereita ten un peto. Na parte baixa, está a caixa para as dádivas mentres que na parte superior hai un relevo moi erosionado de difícil lectura cun remate en arco de medio punto. No relevo podemos distinguir a Cristo na Cruz e debaixo o que semellan cinco cabezas, pero están demasiado erosionadas como para interpretalas con certeza. Poderían ser San Xoán e a Virxe e tres figuras máis ou cinco ánimas entre as lapas do inferno.
Na altura media do varal disponse Santo Antonio de Padua vestido co hábito e co neno Xesús no colo.
O capitel, ten collarino, volutas angulares e ábaco e equino convexos. Nas partes centrais atópanse o que semellan flores, non sendo no anverso no que hai unha caveira sobre as tibias.
A cruz amosa no reverso a Virxe nunha dobre advocación como Virxe do Carme e como Gloriosa: esta preséntase no momento de ser coroada por anxos dispostos ó longo dos brazos da cruz. Porta ó neno Xesús no colo e un escapulario na súa man esquerda.
No reverso, Cristo crucificado baixo pergamiño de INRI.
O conxunto amosa unha boa consistencia estrutural, inda que cunha forte colonización de axentes vexetais incrustantes como liques e musgo, que xa destacan nos debuxos de Castelao. No muro a carón hai unha placa que di que o Cruceiro foi restaurado pola Comunidade de Montes de Marcón en 1996.
Foi un dos cruceiros sobre o que máis debuxos publicou Castelao no seu libro “As Cruces de Pedra na Galiza”.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
RODRÍGUEZ CASTELAO, Alfonso: “As Cruces de Pedra na Galiza” (Edic. facsimilar). Vigo, Editorial Galaxia 2008. ISBN: 978-84-7154-470-4. (pp. 122-123, láminas XVIII, XXII, XLV e LIII).
“Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico.” BOE de 30 de marzo de 1963. nº 77. Páxina 5363. Dispoñible: https://www.boe.es/boe/dias/1963/03/30/pdfs/A05363-05363.pdf
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.4244014094Lonxitude: -8.6078361422
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!




