
Outra fotografía:

Tipo de ben: Vía/Estrada/Camiño histórico, Ponte,
Concello: Pontevedra
Parroquia: Xeve (Santo André)
Lugar: Insua do Pego
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
O pasadoiro está situada no río Lérez, na confluencia dos concellos de Campolameiro, Cotobade e Pontevedra. A Insua do Pego pertence a parroquia de Santo André de Xeve e accedese á mesma a través do pasal dende a beira dereita.
O pasadoiro está formado por pedras de granito do mesmo río seleccionadas pola súa forma, algunha delas lixeiramente traballadas para servir de pasos entre a ribeira e a insua. Algún dos pasais ten cruces labradas e epígrafes, inda que estes parecen de época moi recente. Ademais, semella que algunhas das pedras puideron estar en posición vertical.
A insua era unha zona de monte baldío onde se levaba as cabras a pastar. En época máis recente converteuse nun espazo de lecer onde as familias achegábanse no verán para bañarse no río. Nos últimos anos a insua cubriuse de matos e as grandes crecidas botaron a perder a canle entre a insua e a ribeira do río así como derrubaron e arrastraron dous muíños que había a carón do pasadoiro.
Fotogrametría:
Propiedade: Comunal
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
A falta de coidados nos derradeiros anos facilitan que as continuas riadas no inverno estean a sepultar as pedras deste conxunto.
Onde está localizado
Latitude: 42.4856887212Lonxitude: -8.56901228439
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84