
Outra fotografía:
Tipo de ben: Muíño,
Concello: Pontevedra
Parroquia: Mourente (Santa María)
Lugar: Cons
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
O dos Cortellos era un conxunto de tres muíños acaroados uns aos outros e situados na beira esquerda do río Lérez. Coñecíanse como o Muíño de Riba, que tiña tres rodas; o do Radabouxo, con dúas rodas e o do Peilán, cunha roda. Contaban cunha acea de 44 metros de longo que baixaba oblicuamente dende a beira dereita para embocar a auga nunha canle de 2,5 metros de ancho. Sobre esta canle había unha pontella e sobre a acea un pasadoiro que permitía cruza-lo río.
Actualmente inda é visible a acea, a canle e tres bocas de inferno a carón do que hoxe é un depósito para a recollida de augas dunha piscina próxima.
A escasos metros dos restos destes muíños consérvase a chamada casa dos muiñeiros. Tratase dunha vivenda de 20 m². Sen divisións interiores só contaba cunha lareira.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
BARROS JUSTO, Ramiro: “Muiños de río das terras de Pontevedra”. Pontevedra, Excma Diputación de Pontevedra 2005. ISBN: 84-8457-225-02. (PP. 202-204).
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.4515743573Lonxitude: -8.60468164089
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!





Últimos comentarios