Outra fotografía:

Tipo de ben: Faro,
Concello: A Coruña
Parroquia: A Coruña
Lugar: A coruña
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Romana,
Descrición:

A Torre de Hércules foi construída polos romanos como faro de navegación a finais do século I ou comezos do II d.C. durante a época de Traxano. Unha inscrición aos pés da torre indica que foi erguida por Gaio Sevio Lupo, arquitecto de Aeminium (hoxe Coimbra). A planta é cadrada (10 m de lado), cunha altura total de 68 metros. Ten tres corpos, o primeiro un paralelepípedo recto de base cadrada de 11,60 metros de lado e 34,60 metros de altura. Sobre este asenta outro intermedio máis pequeno de sección octogonal, cun terceiro corpo, paralelepípedo tamén octogonal, que soporta sobre este unha construción cilíndrica en vidro que protexe a lanterna do farol. Súbese ó alto por medio de 242 chanzos e dende arriba tense unha panorámica aberta para o océano Atlántico, praias urbanas da Coruña e a ría.
A estrutura orixinal era de planta cadrada cunha cúpula, na que se mantiña o lume, na parte superior que posibelmente tiña un óculo para permitirlle a saída do fume. Á parte superior accedíase mediante unha rampla protexida cun segundo muro externo e que se apoiaba nos dous muros. Cada un dos andares estaba dividido por dúas paredes que se cortaban en forma de cruz en catro cuartos. As salas de cada piso comunicábanse entre si dúas a dúas por medio dunha porta e podíase acceder á rampla desde cada unha delas. Nos vans utilizouse aparello de perpiaños grandes (opus cuadratum), nas paredes cachotería en fiadas horizontais (opus vittatum) e para encher o interior do muro seixos e morteiro de cal e area (opus caementicium). A parte superior da torre foi modificada no século XVIII polo enxeñeiro Eustaquio Giannini, quen modernizou a cúpula mantendo a súa estrutura. Os muros teñen unha anchura de entre 1,50 e 1,60 m.
A torre e o seu contorno foron escavados entre 1992 e 1994 e a entrada actual das visitas faise polos alicerces romanos.
A mención máis antiga da torre é de Paulo Orosio (comezos do século V), que a califica como “altísimo faro”. Unha das representacións máis antigas coñecidas é a do Mapamundi do Beato de Burgo de Osma, do ano 1086.
Co obxectivo de solicitar que a UNESCO a incluíse na lista de Patrimonio Mundial, o Ministerio de Cultura listouna como posíbel candidata en abril de 2007 e en outubro seleccionouna. O 27 de xuño de 2009, ás 18:27 horas, foi finalmente declarada como Patrimonio da Humanidade.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta: GA15030004
Categoría do Ben: Patrimonio da Humanidade
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– http://www.coruna.es/documentos/descarga.jsp?6b7b89e5-de7d-11de-ad6b-11fccb511f30


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.38602555366178
Lonxitude: -8.406533896923065
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84