
Outra fotografía:
Tipo de ben: Muíño,
Concello: Pontevedra
Parroquia: Mourente (Santa María)
Lugar: Condesa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Muíño senlleiro que destaca por diversas razóns na comarca de Pontevedra ao ser o único de tipo dorna e tamén único muíño da catro rodas na bacía do Lérez. Toma o seu nome da acea de 60 metros que cruza o río oblicuamente dende a súa beira dereita ata a beira esquerda onde se atopa o muíño.
A canle de abastecemento emboca o caudal ao longo de 30 metros ata morrer no muíño cunha anchura de 2 metros. Entón pasa por debaixo alto muro tornarríos, e de gran grosor, que inda protexe ao muíño das riadas no inverno. Grazas a este muro o muíño inda se mantén en pé.
O espazo anterior ao edifico do muíño, despois do muro, está cuberto por unha gran pedra alargada que actúa de eixo sobre o que se superpoñen outras transversais para poder sustentar as trabes e os pechadoiros.
O edificio do muíño é de planta rectangular con bordes redondeados e actualmente cunha cuberta de cemento sobre piares do mesmo material. Os muros están feitos en grandes pedras de cantería de granito. Ten dúas portas, unha de entrada polo lateral, na beira oposta ao rio, e outra pola parte anterior para poder acceder ao espazo cuberto polo muro onde se sitúan os pechadoiros e as grades. Pola parte posterior podemos ver unha xanela.
O interior, parcialmente cuberto de terra, inda podemos atopar os catro pes de pedra, sobre os que ían as moas, desprazados dos ocos das caldeiras polo que os seu interior é visible. Pódense apreciar os que pequenos baixadoiros polos que un home, ben pequeno, podería baixar a caldeira para realizar arranxos.
Hoxe en día pódense apreciar tódolos elementos do muíño orixinais agás os elementos de madeira. Inda que o lugar está parcialmente cuberto de terra pódese pasar ao interior.
Hai que dicir tamén que é o último muíño que inda queda en pe na beira sur do río Lérez.
Fotogrametría:
Propiedade: Comunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
BARROS JUSTO, Ramiro: “Muíños de río das terras de Pontevedra”. Pontevedra, Excma Diputación de Pontevedra 2005. ISBN: 84-8457-225-02. (PP. 191-196)
“Ley 16/1985, de 25 de junio, del Patrimonio Histórico Español. Artígos 36, 46 e 47.” BOE de 29 de junio de 1985. Dispoñible en: https://www.boe.es/boe/dias/1985/06/29/pdfs/A20342-20352.pdf
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.4519590528Lonxitude: -8.60017843533
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84



620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!




