Outra fotografía:

Tipo de ben: Hórreo, Muíño, Eira,
Concello: Pontevedra
Parroquia: Mourente (Santa María)
Lugar: Condesa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Situado entre o Muíño Ceña e o da Bodega, é un muíño irmán deste último. É dicir, a auga que sae do inferno do da Bodega move o rodicio do da Eira. Ao parecer, o nome venlle porque conta cunha eira en pedra acaroada o seu muro leste. É un muíño de cubo de planta rectangular con muros en cantería de granito. A eira é de forma irregular duns 6 x 4 metros, aproximadamente.

Próximo sitúase un canastro de pedra de seis pes, tornarratos redondo e con doelas e faixa de madeira. A cuberta é de tella e carpintería de madeira. Destaca o prominente beiril moldurado en caveto sobre o que se apoian a derradeira ringleira de tellas. Inda conserva parcialmente a carpintería de madeira.

O lugar esta a carón da senda do Lérez que percorre a súa beira pero tanto o muíño como o canastro coma eira está totalmente cuberto por silvas e plantas trepadoras polo que pasa totalmente inadvertido.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

BARROS JUSTO, Ramiro: “Muiños de río das terras de Pontevedra”. Pontevedra, Excma Diputación de Pontevedra, 2005. ISBN: 84-8457-225-02. (pp. 199-202).

Decreto 449/1973 de 22 de febrero por el que se colocan bajo la protección del Estado los “hórreos” o “cabazos” antiguos existentes en Asturias y Galicia. B.O.E. número 62, 13 de marzo de 1973.
Dispoñible en:https://www.boe.es/boe/dias/1973/03/13/pdfs/A05042-05043.pdf

“Ley 16/1985, de 25 de junio, del Patrimonio Histórico Español. Artígos 36, 46 e 47.” BOE de 29 de junio de 1985. Dispoñible en: https://www.boe.es/boe/dias/1985/06/29/pdfs/A20342-20352.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.4514355918
Lonxitude: -8.60082753008
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84