
Outra fotografía:
Tipo de ben: Alpendres e edificios auxiliares, Muíño,
Concello: Pontevedra
Parroquia: Mourente (Santa María)
Lugar: Condesa
Outra denominación do ben: Muíño de Lola
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
O Muíño da Bodega recibe o seu nome pola súa dobre función como muíño e como adega. Era un muíño de cubo vertical alimentado por un rego invernal, que nos derradeiros metros, era embocado nunha canle que discorría sobre un muro ata morrer no cubo feito en pedra de perpiaño. A edificación está formada por unha planta, a do tremiñado, onde inda se pode atopar o pé da pedra e a moa; e unha pía de lagar. Acaroada ao espazo do tremiñado, disponse un alboio de extensión maior que cubría a súa entrada, cunha fachada aberta. Aquí gardábanse bocois, aparellos e leña.
Hoxe en día non conserva ningún elemento en madeira, a pedra está cuberta polo musgo e os espazo aberto por silvas, polo que pasa facilmente desapercibido.
Está situado na beira sur do río Lérez, a uns 50 metros do Muíño da Eira, do cal é irmán. É dicir, o caudal de auga que saía da boca do inferno do Muíño da Bodega, alimentaba e facía mover o rodicio do muíño da Eira.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
BARROS JUSTO, Ramiro: “MuÍños de río das terras de Pontevedra”. Pontevedra, Excma Diputación de Pontevedra, 2005. ISBN: 84-8457-225-02. (pp. 196-199).
“Ley 16/1985, de 25 de junio, del Patrimonio Histórico Español. Artígos 36, 46 e 47.” BOE de 29 de junio de 1985. Dispoñible en: https://www.boe.es/boe/dias/1985/06/29/pdfs/A20342-20352.pdf
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.4508579325Lonxitude: -8.60120013367
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!




