
Outra fotografía:
Tipo de ben: Muíño,
Concello: Pontevedra
Parroquia: Mourente (Santa María)
Lugar: Condesa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
O nome víñalle da propietaria e muiñeira, Agueda Couto e foi de maquía. Tratase dun muíño vivenda de canle cuberta. O rego de abastecemento nace a uns 50 metros do lavadoiro da Condesa e tras facer unha curva en S ao longo duns 50 para chegar a altura da grade e alí precipitarse a través do canleiro nunha caída de 5 metros que lle permitía mover dous rodicios.
O edificio está situado nunha forte pendente e é de planta rectangular, inda que de lados desiguais. Ten dúas plantas, a superior destinada a habitación e cociña, contaba cunha especie de pequeno alpendre acaroado que facía as veces de cortello, alboio e canizo. Na planta inferior situábase o tremiñado cos dous pés e cadansúas moas. Inda que tiña dous rodicios, só dispón dunha boca de inferno.
Hoxe en día, conserva tódolos elementos.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
BARROS JUSTO, Ramiro: “MuÍños de río das terras de Pontevedra”. Pontevedra, Excma Diputación de Pontevedra 2005. ISBN: 84-8457-225-02. (pp. 213-218).
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.4492627693Lonxitude: -8.5974611343
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
Últimos comentarios