Outra fotografía:

Tipo de ben: Muíño,
Concello: Pontevedra
Parroquia: Xeve (Santo André)
Lugar: Sobral
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Muíño situado na beira dereita do río Lérez. Está no remate dunha aceña que cruza o río en diagonal de dereita a esquerda.

De planta irregular con dúas paredes perpendiculares namentres que a parede testeira a contracorrente está inclinado respecto ao eixe do plano, e máis curta ca outra parede testeira. A parede costal pola ribeira describe unha curva. Atopamos tres vanos pola parede testeira que mira a desembocadura. A porta de acceso está pola parede costal.

Os muros son de cachotería e o espazo interior está dividido por un muro de ladrillo. Non é posible acceder ao interior por estar totalmente cuberto por ramas e restos traídos polas crecidas do río. O teitume parece ser a dúas augas.

O camiño está empedrado a carón do muíño.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

En estado de abandono. O interior está totalmente cuberto por restos vexetais traídas polas crecidas do río.


Onde está localizado

Latitude: 42.4513665553
Lonxitude: -8.5938669739
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84