
Outra fotografía:
Tipo de ben: Hórreo,
Concello: Pontevedra
Parroquia: Bora (Santa Mariña)
Lugar: A Corval
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
O canastro atópase en estado de abandono, inda que é de construción recia e está feito totalmente en pedra. Actualmente atópase cuberto de vexetación. O seu eixo maior está disposto en dirección leste-oeste, tendo un costal á sombra e outro ó sol. A cámara mide 12 metros de lonxitude por 1,80 de longo, estimando a súa altura nun 2 metros. Non ten moita elevación sobre o chairo, pouco máis dun metro. É de destacar as moas ou tornarratos que tendo o tradicional perfil convexo, son de planta octogonal.
O sistema de ventilación realizase mediante xanelas ou bufardas horizontais. A cuberta é de pedra e os seus beirís apenas sobresae sobre as paredes do costal. As paredes do testeiro van rematadas en penais tendo a que mira ó este unha cruz.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Decreto 449/1973 de 22 de febrero por el que se colocan bajo la protección del Estado los “hórreos” o “cabazos” antiguos existentes en Asturias y Galicia. B.O.E. número 62, 13 de marzo de 1973. Dispoñible en: https://www.boe.es/boe/dias/1973/03/13/pdfs/A05042-05043.pdf
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Inda que actualmente está en estado de abandono, está en bo estado malia sufrir unha colonización vexetal que, co paso do tempo, pode botar a perder este fermoso canastro.
Onde está localizado
Latitude: 42.4352258585Lonxitude: -8.59444387258
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!




