Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Pontevedra
Parroquia: Mourente (Santa María)
Lugar: Casas Novas
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Cruceiro sen plataforma que se ergue directamente sobre unha rocha de forma semellante a unha pirámide truncada que lle serve de baseamento. O varal é de sección circular e uniforme. O capitel ten volutas angulares sobre unha moldura e querubíns na parte central. Non hai caveira sobre tibias en ningunha das beiras. A cruz é latina sen ornamentación ningunha. Amosa un Cristo de labra rústica no anverso e unha Virxe, sobre a cabeza dun querubín, en aptitude orante no reverso.
Sitúase a carón da estrada de Ourense que sae de Pontevedra.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Valle Pérez, José Carlos. “Los Cruceros en la parroquía de Mourente” Santiago de Compostela: Revista Gallaecia, 1976. P. 204.
“Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico.” BOE de 30 de marzo de 1963. nº 77. Páxina 5363. Dispoñible: https://www.boe.es/boe/dias/1963/03/30/pdfs/A05363-05363.pdf
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.4418168839Lonxitude: -8.61546590924
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
4 comentarios
Oscar Franco says:
Abr 18, 2017
O tráfico tamén ten consecuencias no noso deteriorado patrimonio:
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/pontevedra/2017/04/14/retiran-cruceiro-casas-novas-ante-riesgo-caida-tras-impactar-coche/0003_201704P14C3995.htm
Oscar Franco says:
Out 11, 2019
A prensa escrita do 10 de outubro de 2019 recolle a boa nova da recuperación deste cruceiro despois de ser derrubado por un vehículo:
https://www.diariodepontevedra.es/articulo/pontevedra/atrio-iglesia-mourente-recuperara-cruceiro-anos-medio-despues/201910100952221055667.html
https://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2019/10/10/cruceiro-atrio-iglesia-mourente-sera/2184167.html
https://pontevedraviva.com/xeral/58223/mourente-recuperara-crucero-atrio-iglesia-derribado-accidente-coche/?lang=es
http://cruceirosdegalicia.xyz/Cruceiros/Web/360380906.html?fbclid=IwAR2ocerygX5YFWx_t_Lk5EelLhyEDBcFeb3TJaLKpv_XcH94C6ghjjFzfWQ
paeiro says:
Out 11, 2019
Grazas polos recortes da prensa pero, inda que este cruceiro tamén fou derrubado, lamentablemente estas novas fan referencia a outro cruceiro, o que está situado no adro da igrexa de Mourente:
http://patrimoniogalego.net/index.php/69659/2015/03/cruceiro-de-santa-maria-de-mourente/
O erro é comprensible xa que, no enlace da nova no diario de Pontevedra, o que aparace na foto se corresponde co cruceiro desta ficha, o de de Casas Novas, inda que na descripción se fala do cruceiro do adro da Igrexa, que é outro, e se menciona a que o primeiro peldaño está ou estaba soterrado no asfalto que é certo no caso do outro cruceiro pero non do desta ficha que non leva peldaños.
Compre dicir tamén que na parroquia de Mourente hai outros cinco cruceiros se non lembro mal.
Marián SM says:
Mai 1, 2021
Restaurado o cruceiro de Casas Novas e colocado na nova ubicación
https://www.pontevedraviva.com/xeral/74474/restaurado-crucero-casas-novas-colocado-nueva-ubicacion/