Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Pontevedra
Parroquia: Mourente (Santa María)
Lugar: A Raxeira
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
Ten unha plataforma de planta cadrada con dous chanzos visibles sobre o empedrado da praza onde está situado. Baseamento cúbico con arestas redondeadas e epígrafes nas facetas, inda que non son lexibles pola súa erosión. O varal é recto e de sección octogonal. Capitel con anel e unha sección cúbica na que se presentan querubíns nas súas facetas.
Sobre o capitel, érguese unha sinxela cruz latina de longos brazos. No anverso disponse Cristo crucificado, que só amosa catro dedos nas mans. Apréciase unha rotura do brazo dereito da cruz e unha posterior reintegración.
No reverso pódese observar a Virxe en aptitude orante. Así mesmo, mírase tamén un epígrafe nos brazos da cruz que foi representado por Castelao nas súa obra “As cruces de pedra na Galiza”. O epígrafe non é lexible na súa totalidade, tan só algúns trazos. Carlos Valle contanos en 1977 o seu contido:
AQU MURIO + MROROR
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Sei ca a cruz caeu e rompeu en 1974 por mor dun temporal.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
RODRÍGUEZ CASTELAO, Alfonso: “As Cruces de Pedra na Galiza” (Edic. facsimilar). Vigo, Editorial Galaxia, 2008. ISBN: 978-84-7154-470-4. (Láminas XXXIV e LIV).
VALLE PÉREZ, José Carlos: “Los Cruceros en la parroquIa de Mourente”. Revista Gallaecia. La Coruña, 1977. Páx. 209.
“Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico.” BOE de 30 de marzo de 1963. nº 77. Páxina 5363. Dispoñible: https://www.boe.es/boe/dias/1963/03/30/pdfs/A05363-05363.pdf
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.4334386359Lonxitude: -8.61073851585
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84