Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Sanxenxo
Parroquia: Bordóns (San Pedro)
Lugar: A Regata
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Cruceiro sobre plataforma dun chanzo de forma tronco piramidal sobre a que se ergue un baseamento baixo. O varal é robusto de planta octogonal cun epígrafe de grafía estilosa de trazo fino e ben proporcionada inda que demasiado superficial polo que non é doado lee-lo na súa totalidade non sendo quen de comprender o texto. O capitel é básico esta asimilado ó varal. Está formado por unha moldura e uns ábaco e equino desmesurados. Sobre eles se alza unha cruz latina sen ornamentación. No anverso, Cristo crucificado coas costas acaroadas ó pau da cruz. No reverso, a Virxe en aptitude orante sobre a cabeza dun querubín.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
P.X.O.M. 27/02/2003 “Catálogo de Patrimonio”. Concello de Sanxenxo, 24-02-2003. p. 102. Dispoñible en:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/SANXENXO/documents/0927CA011.PDF
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Forte colonización de liques inscrustantes e de musgo. O enraizamento destes vexetaís causan a erosión da pedra.
Onde está localizado
Latitude: 42.4073326944Lonxitude: -8.7836766243
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84