![](https://patrimoniogalego.net/wp-content/files_mf/cache/th_d9631e1bf83dbd91a546ee14ac2a0255_cruceiro_de_seixalbo_03.jpg)
Outra fotografía:
![](https://patrimoniogalego.net/wp-content/files_mf/cache/th_9e72f8a1f075db9904f43ccf46633f23_cruceiro_de_seixalbo_02.jpg)
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Sanxenxo
Parroquia: Padriñán (San Xenxo)
Lugar: Seixalbo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Cruceiro situado no límite entre as parroquias de San Xenxo de Padriñán e San Pedro de Bordóns. Ten visos de haber sido derrubado e esnaquizado en anacos. Ten unha plataforma de planta cadrada con dous chanzos inda que o baseamento ben podería se-lo terceiro chanzo. O varal e de planta octogonal e leva un santiño no anverso inda que moi erosionado polo que non é doado ve-los seus atributos. O capitel é unha interpretación das volutas angulares montadas sobre molduras. No anverso podemos ve-la caveira montada sobre o ábaco e o equino.
A cruz é latina e sen ornamentación. Amosa no anverso un Cristo case en relevo con San Xan e a Virxe María a ámbalas súas beiras. No reverso imaxe da Virxe levando o meniño Xesús no colo e vestindo unha ampla saia. As imaxes teñen unha labra esquemática sen detalle nos rostros e gran frontalidade.
O cruceiro, inda que actualmente restaurado, mostra visos de fracturas antigas por dous puntos no varal e na cruz,nos puntos de unión dos brazos e do remate do pau e tamén pola súa base, amosando perdida de volumen nos pes do Cristo.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.405554414Lonxitude: -8.78588676453
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84