Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Poio
Parroquia: Poio (San Salvador)
Lugar: Avda. Porteliña
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Hoxe tan so se conservan, parcialmente, tres cruces inda que hai restos dalgún varal no adro da eirexa. As tres cruces está situada a carón do muro norte da eirexa, no límite dun espazo axardinado.

As tres son semellantes entre si. A primeira, situada máis preto da fachada de eirexa, ten o pau e os brazos da cruz oitavados e no comezo polo anverso un pequeno retablo no que se amosa un mazo, unhas tenaces e unha escaleira de man. No cruce dos eixos da cruz, hai labrada unha cruz inscrita. Amosa un fractura xusto debaixo da unión do pau cos brazos.

A segunda cruz, tamén de eixos oitavadas non sendo no comezo da base que é de planta cadrada ata dous palmos do baseamento sobre o que se ergue. Na altura media do pau, atopamos un santiño con atributos de bispo (casulla, mitra e báculo) e un libro na súa man esquerda. Ten labradas en altorrelevo formas xeométricas nos brazos e remate da cruz e unha cruz inscrita nun circulo no cruce dos eixos. Tanto os brazos como o remate do pau non son orixinais senón froito dunha reconstrución. A cruz erguese sobre un baseamento cúbico de arestas superiores rebaixadas.

A derradeira cruz, presenta un varal oitavado sobre o que se ergue un os brazos e remate do pau doutra cruz de arestas acanaladas e remates potenzados. As facetas frontais van estriadas e presenta un circulo solar na unión dos brazos co pau.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.4328411791
Lonxitude: -8.66804927588
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84