Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Baixa Limia (comarca) / Lobios
Parroquia: Manín (San Salvador)
Lugar: Compostela
Outra denominación do ben: Igrexa de Aceredo
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

A construción desta igrexa fíxose sendo abade Damián Vélez de la Llana, no ano 1764, segundo testemuña unha inscrición no brazo dereito do cruceiro.
Posúe planta de cruz latina con nave única de tres tramos e cruceiro; o transepto é de bóveda de arestas e nela aparece unha lanterna. A torre queda integrada na fachada, substituíndo a base aberta por un arco de triunfo apuntado sustentado por columnas. Os esquinais do corpo inferior da torre aparecen destacadas por pilastras pseudodóricas, cunha balaustrada que marca o inicio do corpo de campás, con arcos abertos en cada fronte. Como remate aparece unha lanterna sobre tambor.

No seu interior destaca o retablo maior, con predominio da escultura en relevo. A ambos os dous lados do altar ábrense as portas da sancristía, situada tras o retablo, esculpíndose nelas os relevos de Adán e Eva entre nenos atlantes que finxen soster sobre si o peso da estrutura de madeira..
Destaca tamén unha sepultura plateresca dun matrimonio nobre.
Nun dos seus laterais atópase unha enorme pia bautismal na que foi bautizado o Cardeal Quiroga Palacios.

Esta igrexa foi trasladada de lugar, pedra a pedra, en dúas ocasións (1.769 e 1.992). Construíuse orixinalmente na parroquia de Manín; posteriormente foi trasladada no s.XVIII a Aceredo, en terreos hoxe anegados polo encoro de Lindoso; e xa por último foi traslada no ano 1992 para evitar a súa inundación ao lugar onde hoxe se erixe.


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:

A prensa dixital do 1 de decembro de 2023 denuncia o mal estado da cuberta desta igrexa, con goteiras que poñen en perigo os elementos mobles do seu interior (ver referencia bibliográfica).


Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/LOBIOS/documents/0447CA002.pdf (Páxina 3)
http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?cod_rec=23794&ctre=31
http://turismourense.com/ver/ver_concello/3

https://www.laregion.es/articulo/baixa-limia/lluvia-pone-peligro-templos-entrimo-lobios/202312010515461258320.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 41.8850184504
Lonxitude: -8.1418132782
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84