
Outra fotografía:

Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Vimianzo
Parroquia: Baíñas
Lugar: Rabós
Outra denominación do ben: Mámoa do Rabós 1
Cronoloxía: Neolítico,
Descrición:
Desde o chan do Cabral a Rabós e Baíñas sitúase un extenso campo de mámoas, caracterizado por terreos con pequenas lombas topográficas e terreos húmidos con brañas. Unha típica paisaxe megalítica que deixa ao descuberta no Rabós parte dunha anta: a Arca. Conserva parte da tampa da cámara poligonal, que está soportada por dous esteos inclinados cara ao interior. Si se conserva parte do corredor (tres chantas verticais) orientado cara ao leste nesta mámoa profundamente profanada.
Segundo Ramón Boga, a cámara tería sete esteos, dos que só se conservan dous. Tamén di que se poden conservar gravados no seu interior.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA15092042
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://dolmensedemaisfamilia.blogspot.com.es/2012/06/anta-pedra-cuberta-san-miguel-de-treos.html
LEMA SUÁREZ, X.M. (2006) Polas antas e mámoas da Costa da Morte. Tórculo Ed. Gráf. Santiago
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.037567882Lonxitude: -9.02029037476
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
6 comentarios
Manuel Rial says:
Set 22, 2011
O dolmen está no inventario de Bens Patrimoniais de Vimianzo. Pero aparece como necrópole megalítica en xeral
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/VIMIANZO/documents/0404CA003.pdf
Alex says:
Xan 27, 2012
Este dólmen e visitable? Porque como pon que está nunha propiedade privada…. ou hai que chamar a alguen? Saudos e gracias por subilo, xa que na zoa non o vin na ruta dos dólmenes de Vimianzo.
Manuel Rial says:
Xan 28, 2012
É privada por estar nunha finca, pero non hai ningún problema por visitalo, xa que non ten cancela nin nada a entrada. É un valado de pedra completamente aberto, xa se ve a mámoa dende a pista.
Xusto enfronte hai outra mámoa que tamén é interesante visitar. Verala seguindo coa mirada outro valado de pedra que a cruza por riba.
Hai bastantes antas que non aparecen na Ruta dos dolmens de Vimianzo, aquí estou subindo algúns dos que non aparecen.
Cando se faga o Parque Arqueolóxico do Megalitismo, este dolmen e a mámoa que che comentaba serán comprados pola Xunta.
Saúdos e gracias a ti pola visita! 😉
Manuel Rial says:
Xan 28, 2012
A segunda foto é a vista dende a entrada da finca, na pista.
Alex says:
Xan 28, 2012
Graciñas, quero aproveitar unha tarde libre a ver se podo ver este, pedra vixia e a mina de recesindes, que son os que non coñezo da zoa. a última penso que estará moi cuberta,non si? Saudos
Manuel Rial says:
Xan 29, 2012
Hai tempo que non vou por alí, pero creo que o acceso ata a cámara téñeno máis ou menos limpo. Logo a mámoa é un desastre está cheo de fieitas, silvas e toxos. Mándoche o link, para que vexas.
http://patrimoniogalego.net/index.php/2011/09/mina-de-recesindes/
Un saúdo!