
Outra fotografía:

Tipo de ben: Ponte,
Concello: San Sadurniño
Parroquia: Naraío (Santa María)
Lugar: Saldoiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:
Sobre o río Castro, na estrada local que vai cara o castelo de Naraío. A súa construción realizouse na época de Fernán Pérez de Andrade (século XIV). Coa construción desta e doutras pontes dotábase ás terras dos Andrade dunha rede viaria de calidade, ademais de constituír unha fonte de importantes ingresos para esa casa, provenientes dos dereitos señoriais que se cobraban por utilizalos (dreito de pontazgo). Xunto a ponte consérvase un gran xabaril de pedra, símbolo, xunto co oso, dos Andrade. O xabaril sacouse hai varios anos do leito do río. Ao parecer había noutro extremo da ponte outro animal que desapareceu.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/pontes-de-galiza.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.4976581036Lonxitude: -8.08149576187
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84