
Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Ramirás
Parroquia: Vilameá (Santa María)
Lugar: Portaquintas
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Cruceiro de granito, formado por plataforma de tres gradas sobre a que se asenta base cúbica na que se pode ler a gravación “ANO 1765”.
Varal oitavado, sobre el capitel con motivos vexetais e na cima cruz de rústica talla con dolorosa no reverso e crucificado no anverso.
Cando a condución de un enterro pasaba polo seu fronte, detíñase para orar xusto por diante de este cruceiro que se encontra nun lateral da estrada cara a igrexa parroquial de Santa María de Vilameá.
Fotos: Antonio Ferreira Vieiro
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/RAMIRAS/documents/0482NO102.pdf (P.22)
http://www.ramiras.es/galeria.htm#cruceiros
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.1690375711Lonxitude: -8.04211825132
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Oscar Franco says:
Out 10, 2022
Engado a seguinte referencia web:
https://cruceirosdegalicia.xyz/3206804.html
Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.
ENLACES DE REFERENCIAS LEGAIS
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html