Outra fotografía:

Tipo de ben: Ponte,
Concello: Pontevedra
Parroquia: Bora (Santa Mariña)
Lugar: Portamuíño
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Pasadoiro sobre o río Almofrei que facilitaba o cruce do río á veciñanza do lugar das Leiras que se achegaban aos muíños de Portamuíños. Actualmente quedan dezaseis pasos, descoñecendo de cantos tiña orixinalmente. Así, varios deles xa foron levados polo caudal. Algunha persoa usuaria dos pasos, encheu o oco deixado polos desaparecidos acumulando pedras para que poida seguir sendo empregado.

O pasos están feitos con pedras paralelepípedas de granito que amosan un alto grado de erosión na faceta superior.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

As riadas levaron varios pasos polo que xa non é tan doado cruzar por este pasadoiro, aínda que hai algunha persoa que o coida.


Onde está localizado

Latitude: 42.4299995185
Lonxitude: -8.57979655266
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84