
Outra fotografía:
Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Pontevedra
Parroquia: Marcón (San Miguel)
Lugar: Pintos
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Neolítico,
Descrición:
Tratábase dun outeiro de forma ovalada que sobresaia a grande altura do chairo, situado nun lugar coñecido como Mato do Outeiro. Segundo persoas da parroquia, tiña gravadas diversas composicións a base de liñas e apareceu esnaquizado en cachos e derrubado, perdéndose parte del.
A veciñanza identifica os restos dun penedo esnaquizado a escasos metros do gasoduto como o outeiro onde estaba o petróglifo, inda que entre eses restos de gran tamaño tombados non se observan trazas, malia que poderían estar pola beira en contacto co chan.
García Alén e de la Peña Santos fan eco de referencias escoitadas entre os veciños.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA36038056
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
GARCÍA ALÉN; de la PEÑA SANTOS: “Los Gravados Rupestres de la Provincia de Pontevedra”. A Coruña, Fundación Pedro Barrié de la Maza 1980. ISBN 84-85728-04-1.
“Ley 16/1985, de 25 de junio, del Patrimonio Histórico Español. Artículo 40.” BOE de 29 de junio de 1985. Dispoñible en: https://www.boe.es/boe/dias/1985/06/29/pdfs/A20342-20352.pdf
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Se os restos identificados se corresponden, inda podería ser posible recompoñe-lo penedo.
Onde está localizado
Latitude: 42.4128886291Lonxitude: -8.58896970749
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!




