
Outra fotografía:
Tipo de ben: Hórreo, Pombal,
Concello: Pontevedra
Parroquia: Marcón (San Miguel)
Lugar: Pazos
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Canastro situado na finca da casa reitoral de San Miguel de Marcón. Atopase parcialmente derrubado ainda que os seus restos andan espallados ó seu redor.
Canastro de 6 pares de esteos oitavado elevados sobre basas no chairo. Os esteos van recubertos cunha capa de cemento na súa parte superior. Os tornarratos son cilíndricos, estando a súa parte superior redondeada. Elevan a estrutura do chairo 1,5m. aproximadamente.
A estrutura superior ten dunhas dimensións de 13 metros de longo por 3 de ancho aproximadamente. Sendo a súa orientación lixeiramente inclinada sobre a dirección este-oeste. As paredes da testeiras contan con pasaventos de pedra de bufardas verticais, namentres que nos costais pódense ver tanto pasaventos de pedra como feitos de ladrillo e cemento como doelas de madeira. O derradeiro tramo cara o este foi reformado para construír un pombal de paredes de cemento.
No interior, ainda se pode ver dous arcos rebaixados para sustentar o teito, un feito en madeira e o outro de pedra. O piso é de madeira e o pouco que queda da cuberta de carpintería de madeira e tella do país.
Polo costal de sombra, vemos un patín de acceso separado da estrutura polo que supoñemos que era necesario una escaleira de man para poder acceder.
O pinche que mira a poñente está caído así como o penal que ía enriba. Pola testeira do este, ainda podemos ver unha inscrición malia distancia, a erosión e as plantas que crecen nesta beira non permiten a súa lectura.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Decreto 449/1973 de 22 de febrero por el que se colocan bajo la protección del Estado los “hórreos” o “cabazos” antiguos existentes en Asturias y Galicia. B.O.E. número 62, 13 de marzo de 1973.
Dispoñible en:https://www.boe.es/boe/dias/1973/03/13/pdfs/A05042-05043.pdf
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Aópase parcialmente derrubado con moitas intervencións posteriores en cemento e ladrillo. Os restos dos pasaventos, pinches e penales caidos inda se poden ver espallados ó seu redor.
Onde está localizado
Latitude: 42.4123646437Lonxitude: -8.61580252647
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84



620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!




