
Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Cangas
Parroquia: Cangas (Santiago)
Lugar: Cangas
Outra denominación do ben: Capela de San Roque, Capela da Concepción
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Trátase dunha pequena e elegante capela que formaba parte nun principio dun hospital para pobres e pelegríns, na rúa chamada por este motivo “do hospital”, en Cangas.
Foi mandada construir por Gonzalo de Nogueira e Araujo en 1711, segundo consta en epígrafe na portada. Ten unha sinxela pranta rectangular, cunha soa nave, e cuberta de madeira. A portada, de arco redondo, está flanqueada por columnas adosadas, de fuste acanalado e capitel xónico, que sosteñen un entaboamento e un frontón de tímpano moi apuntado, que contén unha magnífica pedra armeira co blasón familiar do fundador. Non é o único aspecto no que se combinan elementos da arquitectura relixiosa coa fidalga, pois a capela maior ten, polo exterior, un remate almeado, ao modo dunha pequena torre, e gárgolas nos cantos en forma de canón, que lle confiren ao conxunto o aspecto dunha pequena fortaleza. Coroando a portada érguese unha espadaina con dous arcos, rematado con piramidóns e unha cruz.
A capela ten unha historia de desleixo, rematada con final feliz. Nos anos 60 o primitivo solar da capela era cobizado polos especuladores urbanísticos, que non pararon ata conseguir o seu derrubo. No ano 1966, un acordo do párroco de Darbo, administrador da capela, e a Caixa de Aforros de Vigo, permitíu desmontar a capela para construír un edificio aberrante, onde se ubicou a sé da entidade, coa condición de reconstruír a capela noutra parte. O acordo, evidente, non se cumpliu, e as pedras permaneceron ciscadas durante máis de trinta anos, ata que a insistencia dun grupo de veciños conseguiu iniciar a reconstrucción nos xardíns do señal, nun novo emprazamento que cumplía as condicións esixidas de proximidade ao solar orixinal, e co mar á vista. Para entón, moitas das pedras da construcción orixinal desapareceran ou foran roubadas, o que se pode apreciar hoxe en día pola distinta calidade dos perpiaños empregados na reconstrucción. Na actualidade a capela é un local de exposicións xestionado polo Concello.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
No interior consérvase o sartego do fundador da capela.
Tradición oral:
A primitiva advocación da capela era a da Nosa Señora da Concepción, e no interior conservábanse, en orixe imaxes da Virxe, xunto con San Sebastián e San Roque. En virtude do voto feito pola vila de Cangas a este último santo para librarse dun andacio de peste, nas festas de San Roque trasladábanse as imaxes á antiga colexiata para a súa exposición, e regresaban logo en leda procesión, na que os nenos acompañaban ás imaxes abaneando bandeiriñas de papel.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Os grafiteiros insisten en deixar patente o seu anticlericalismo con consignas pintadas nestas venerables e recuperadas pedras, por máis que a capela é, hoxe en día, un edificio de uso cultural.
Onde está localizado
Latitude: 42.26318704832336Lonxitude: -8.783228695392609
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84