Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Pontevedra
Parroquia: Marcón (San Miguel)
Lugar: Pazos
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Igrexa de planta basilical con arco cuberto na beira do mediodía. Na fachada principal temos unha porta, común sentadoiro a cada beira, con arco de medio punto moi moldurado e un lintel a modo de alfiz. Nas esquinas do alfiz temos dous epígrafes en caracteres góticos moi borrosos. Enriba das pilastras temos de esquerda a dereita as figuras de San Pedro coas chaves e a de San Pablo coa Espada do Martirio. Presidindo a fachada temos a figura de San Miguel Arcanxo nun oco. No centro da fachada temos o disco dun reloxo. A fachada está coroada por unha espadana de tres pisos con dous ollos nos dous primeiros pisos e un so no derradeiro. No primeiro piso temos as campás e nos ollos de enriba dous santiños, o da esquerda é unha muller que viste túnica e porta unha palma e unha torre nunha man, Santa Barbara, o da dereita non fumos quen de distinguir os atributos que o identifican.

No interior, podemos a topar parte do coro de Santa María a Maior que foi trasladado aquí por Filgueira Valverde. A igrexa ten unha soa nave rectangular cuberta con bóveda estrelada de nove claves. Preto da cabeceira, atopamos dous capelas con bóvedas estreladas de cinco claves unidas a nave principal por arcos moi apuntados. Enriba o arco da capela norte podemos ver outro arco de medio punto anterior enxertado no muro. No mesmo arco apuntado podemos ver unha inscrición de non doada lectura que interpretamos así:

COSF· FS— AÑO DE 1725 · NCURA DAI ·


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:

Retablo maior neoclásico de 1764 de dous corpos. No corpo inferior tres ocos coas imaxes da Inmaculada Concepción, o Sagrado Corazón e a Virxe do Carme. Na capela norte atopamos un retablo barroco de dous corpos, no superior un relevo e no corpo inferior vemos no oco central a imaxe con tecidos reais da Virxe das dores franqueada nos ocos das beiras por as pequenas figuras de San Bieito e Santa Teresa de Xesús. Na beira esquerda deste retablo podemos ver a talla de San Míguela expulsando ao diaño e da outra beira, un Ecce Homo. Na parede dereita desta capela vemos a calle lateral dun retablo maior, posiblemente o que preside a capela sur.

Na capela sur, atopamos calle principal dun retablo barroco de dous corpos. No superior vemos nun relevo ao Pai e o Fillo fitando dende as alturas. No oco do corpo inferior vemos a figura da virxe do Rosario, de factura moderna, acompañada de dous pequenos santiños que se sosteñen sobre peañas. A pequena figura barroca, recentemente repintada, da esquerda representa a un home de barba branca que viste de túnica e porta un báculo e unha copa. A figura da dereita, tamén barroca, e unha virxe.

Na beira esquerda da capela podemos ver a calle lateral do retablo principal coa figura de San Roque.

Na nave principal, atopamos sobre peanas a imaxes de San Sebastian e San Xosé na beira dereita e na esquerda a Santa Agueda e a virxe de Fátima.


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Fontoira Surís, Rafael. “Inventario de la Riqueza Monumental de la Provincia de Pontevedra y el Camino de Santiago” Diputación de Pontevedra, 2001.

“Catálogo de edificacións e elementos a conservar da cidade e do rural″ Diario Oficial de Galicia, 24-05-1994. Nº 68. [Conculta 14-02-2014] Dispoñible en: http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/PONTEVEDRA/documents/9008NO002.pdf

“Edificaciones de Carácter Religioso” P.G.O.U Concello de Pontevedra, 5-10-1989. [Consutado en 26-05-2014]. Edificación nº 21. Dispoñible en: http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/PONTEVEDRA/documents/0878CA001.pdf

“Normas Complementarias e Subsidiarias de Planeamento da Provincia de Pontevedra. Catálogo: Inventario de Patrimonio Cultural” Dispoñible en: http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/GALICIA/documents/PONPA004.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.4125658419
Lonxitude: -8.61437559128
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84