O xoves 19 de maio de 2011 abrimos o Rexistro de Catalogadores de patrimoniogalego.net. A partir de hoxe, entre todos, imos retratar o inmenso acervo cultural deste país, saber en que estado se atopa e contribuír á súa defensa e protección.

Nós, a sociedade civil de Galicia, reivindicamos o noso patrimonio cultura como leigado dos nosos devanceiros, pero tamén intrumento para o noso desenvolvemento social e económico. Reivindicamos os miles de anos de presenza humana neste recanto de Europa a través das súas pegadas. E vemos no noso patrimonio cultural un motivo de orgullo, de dignidade e de porvir.

Por iso queremos saber, por nós mesmos, que é o que temos e como o temos. Difundir para dar a coñecer, para protexer, para denunciar e para promover. Queremos achegar transparencia ao Patrimonio Cultural de Galicia. Nós, cidadáns de todas as comarcas deste país, queremos dar a coñecer a nosa riqueza aos nosos concidadáns e ao mundo enteiro.

Aquí podes acceder ao rexistro de patrimoniogalego.net.