Outra fotografía:

Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Camariñas
Parroquia: San Xurxo de Camariñas
Lugar: Camariñas
Outra denominación do ben: Casa dos Altos
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

A Casa da Romera antigamente era coñecida como a “Casa dos Altos”, por ser a de maior altura da vila, mais na actualidade pasa desapercibida polas dimensións dos edificios novos que se construiron o seu arredor, desfacendo así a fermosa paisaxe que algún día puido ter.
Esta vivenda pertenceu ás familias fidalgas de maior poderío e riqueza do concello. O escudo que ten é o mesmo que aparece en Loroxo, polo que os donos foron os mesmos. O escudo principal divídise en oito cuarteis e nel aparecen representadas familias nobres galegas como os Aguiar, os seis roeis dos Castro de Lemos, a aguia explaiada dos Romero, un lobo e dúas cabezas de lobo dos Moscoso e Lobeira, unha árbore flanqueada de lanzas dos Leis ou dos Caamaño; aparecen tamén os Piñeiro e as varillas, lises e roda dos Varela entre outros. Na parte superior hai unha cruz da Orde dos Calatrava. Máis abaixo da rúa e seguindo o edificio hai outro escudo pertencente aos Ulloa. Estes escudos están moi ben conservados.
Esta edificación, xunto coas demáis dependencias que ten adosadas, estiveron en estado de abandono ata que a herdou Jesús Forján, rehabilitándoa ó ano seguinte, en 2005. A composición da fachada principal segue un eixo de simetría desprazado lixeiramente respecto ó plano do edificio. A apertura de tres portas no baixo quebra o devandito eixo, desenvolvéndose a simetría a partir do primeiro andar. Neste nivel, hai unha balconada sostida sobre canzorros graníticos que percorre case toda a fachada. No medio, o escudo de armas da familia, labrado en boa pedra granítica e de gran suntuosidade, como comentaramos. Por riba dela, dous balcóns de menores dimensións que o anterior, pero do mesmo estilo, ó igual que o da bufarda, aínda que estes están sostidos sobre lousa. Os paramentos están pedra á vista ó igual que a pedra nos marcos dos vans.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– TROIANO CARRIL, X.: «Camariñas, Corazón da Costa da Morte», libro inédito pero inscrito no Rexistro da Propiedade Intelectual no 2007,2008 e 2009.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.13022483851544
Lonxitude: -9.183706641197204
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84