Outra fotografía:

Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: A Coruña
Parroquia: A Coruña
Lugar: A Coruña
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Procede dunha zona situada perto do Polvorín do Monte Alto, e foi trasladada ó Museo Arqueolóxico da Coruña, no castelo de San Antón, cando a súa conservación ía ser afectada polas obras dunha canteira. Foi descuberta en 1913 polo director do Archivo do Reino de Galicia, Jesús González del Río.
As dimensións do petroglifo son: 180 cm de alto, 152 cm de longo e 56 cm de ancho. O petróglifo consiste en figuras de tipo “cruciforme” estilizadas destacando a que está na parte baixa do conxunto do gravado, representando un cuadrúpedo; un cabalo co seu xinete.
Foron interpretadas por Cabré (1915) como antropomorfos nunha “escena de baile sagrado”. Monteagudo (1966) interprétaas como símbolos de cruz, “cruces de término e xinete”.Para autores como Vázquez Varela e Peña Santos, os cruciformes de Monte Alto e moitos outros similares son de carácter histórico, argumentando que a técnica empregada para gravar é a percusión cun instrumento duro e de punta fina, acaso metálico, o que unido o estado pouco erosionado, indicaría unha cronoloxía recente. Para Abélanet (1986) os petróglifos de Monte Alto pertencerían á época neolítica, no III milenio A.C., pola súa semellanza cós antropomorfos esquemáticos pintados da arte neolítica meridional peninsular. Ainda que a súa cronoloxía é polémica, semella prudente propor unha orixe medieval segundo Bello en 1998.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: GA15030005
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– Cabré y Aguiló, J. E González del Río: “Los gravados rupestres de la Torre de Hércules”, 1915.
– DE LA IGLESIA GONZÁLEZ, F.M.; DE LA IGLESIA, S.: Arquivo familiar de “De La Iglesia”. Real Academia Galega.
– Revista de Archivos Bibliotecas y Museos; López Cuevillas, 1952.
– “Cuestións arqueolóxicas e museolóxicas: revisión dende o Museo Arqueolóxico de A Coruña”, 1994.
– Bello Diéguez, J.M.: “Los petroglifos de Punta Herminia y el polvorín de Monte Alto”, 1988.
– ABELANET J.: – Signes sans paroles. Cent siècles d’art rupestre en Europe occidentale, 1986, 352 p., 74 ill. –
– http://www.coruna.es/documentos/descarga.jsp?6b7b89e5-de7d-11de-ad6b-11fccb511f30


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.3657272843
Lonxitude: -8.3874861896
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84