Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Baixa Limia (comarca) / Lobios
Parroquia: Torno (San Salvador)
Lugar: Torno
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Igrexa dunha única nave co presbiterio rectangular. O aparello dos muros é de perpiaño labrado. Teitume a dúas augas con pináculos de bola nos extremos. Na fachada destaca a porta principal con arco de medio punto moldurado por baquetóns e decoración na clave. Nas doelas aparece unha inscrición que di que a igrexa é de refuxio sagrado. Xusto enriba da clave aparece unha fornela en forma de vieira coa imaxe en pedra de San Salvador. A espadana é de dobre van con arcos arquitrabado, volutas nos laterais, e rematada con un frontón. Coróase cunha cruz de ferro.
Fotogrametría:
Propiedade: Comunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
No interior destaca a Virxe co Neno, obra o século XVII, e a Inmaculada.
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENALCES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/LOBIOS/documents/0447CA001.pdf (p. 1)
http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?cod_rec=23791&ctre=31
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 41.930546769Lonxitude: -8.06122362614
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84