Outra fotografía:

Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Cervantes / Navia de Suarna
Parroquia: O Panto (Santa María)/Rao (Santa María)
Lugar: Poso/Murias
Outra denominación do ben: Marco do Camín
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Situado na pista asfaltada que vai dende a Braña do Pandozarco ao límite coa provincia de León, actúa como marco divisorio do monte da Cespedosa, pertencente á aldea de Poso, parroquia do Pando (Cervantes), e o monte de Murias (Navia de Suarna). Aínda que o lugar consta na cartografía oficial como Marco das Xunquiñas ou do Pozo, os veciños, tanto dun como doutro concello (e tamén de Suárbol e Balouta, en León) coñécenno como Marco do Camín ou de Xunquiñas (Xunquiñas tamén dá nome ao monte e ao regueiro que discorre polo lugar). Este marco de granito, que sobresae do chan 1,55 metros, foi pintado polas dúas caras: “Reserva N. de caza” e “Coto de caza Lu 1022_”. Nunha copia dunha escritura do ano 1788, que me facilitou o veciño de Murias José Fernández (“José de Vilarín”), figura co nome de Marco de Xunquiñas, tal como xa o facía nos Interrogatorios do Catastro de Ensenada do ano 1752.
O do Pozo é outro fito chantado non moi lonxe (disque recibe o nome pola proximidade do Pozo do Tesouro), que na actualidade, ao desaparecer o antigo de granito, foi substituído por un de cemento, e que actúa como divisorio das provincias de Lugo e de León. Antigamente separaba as aldeas de Poso e Moreira (Cervantes), Murias (Navia de Suarna) e Suárbol (León).


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://arqueoloxiadosancares.blogspot.com.es/2011/07/toponimia-do-concelo-de-navia-de-suarna.html

http://arqueoloxiadosancares.blogspot.com.es/2011/01/toponimia-do-concello-de-cervantes_23.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.8820964663
Lonxitude: -6.83439731598
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84