Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Barbanza (comarca) / Rianxo
Parroquia: Leiro (Santa María)
Lugar: Brión (Punta do Castro)
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

O castro está situado nun pequeno promontorio que se interna no mar entre as praias das Cunchas e do Porrón. Está ateigado de maleza e apenas se pode andar pola superficie, pero polo lado que o une a terra intúese unha entrada, a carón dun parapeto de terra que actuaría como defensa. Na pouca zona do interior que se pode apreciar, hai unha gran cantidade de pedra e anacos de muros que poderían pertencer as vivendas esborralladas. O mar parece que está a comer parte das beiras desta pequena península e pódese ver dende arriba coma parte de algúns muros se derruban cara o cantil, a lo menos na parte máis próxima a praia do Porrón, pola banda oeste. Na foto secundaria da ficha podemos ver o seu aspecto no ano 1956.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.6371711556
Lonxitude: -8.79972696304
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84