Outra fotografía:
Tipo de ben: Ermida,
Concello: Vilamarín
Parroquia: Vilamarín (Santiago)
Lugar: O Palacio
Outra denominación do ben: Capela de San Gregorio Magno
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
A capela do século XVIII dedicada a San Gregorio Magno, é de planta rectangular e cóbrese con cuberta a dúas augas. Decorada con pilastras de sección nas esquinas e coroadas por molduras e remates piramidais rematados en bola. Tamén a fachada remátase na súa parte superior cunha cuádrupla moldura. Coroa a capela unha espadana de dous corpos separados por unha moldura e rematada nun pequeno frontón. Na cima tiña cruz, actualmente só lle queda a parte baixa.
A porta principal é alintelada e remarcada con molduras no exterior. Sobre a porta principal un pequeno rosetón. Ábrese outra porta no muro sur. En cada unha das fachadas laterais ábrese unha ventá rectangular.
Situada na entrada do Pazo de Vilamarín, para entrar a el pasamos pola súa fronte.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/VILAMARIN/documents/0507CA002.pdf (P.8)
http://gl.wikipedia.org/wiki/Castelo_de_Vilamar%C3%ADn#cite_ref-2
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.4510944987Lonxitude: -7.90067732334
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84