Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Arteixo
Parroquia: Suevos (San Martiño)
Lugar: Adro de San Martiño
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Cruceiro de tipo “De Crucifixo” con plataforma cuadrangular dun chanzo e pedestal cúbico achafranado. Ten gravados nas caras do pedestal; no anverso e reverso, un anxo con ás, a dereita do anverso unha cruz e na esquerda do anverso, un cáliz. O varal é cuadrangular cun lixeiro chafrán e na parte baixa ten uns gravados, dende o anverso e seguindo cara á dereita ten: un cáliz, unha escada, un cáliz e unha cruz. Pola metade do varal, no anverso ten un pedestal cunha figura de San Martiño. O capitel é cuadrangular con figuras vexetais e unha pequena cruz. Ten un ábaco de lados curvos e vértices achafranados. A súa cruz é cuadrangular e no seu anverso presenta a Cristo Crucificado con tres cravos e as mans pechadas. Ten a cabeza ergueita e un pergamiño coas siglas INRI. O pano de pureza vai anoado cunha corda con abertura cara á esquerda.Polo reverso da cruz fica a Virxe en actitude de orar cos dedos das mans entrelazados. O cruceiro é todo de granito cun moi bo estado de conservación


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.3404704071
Lonxitude: -8.48062723875
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84