
Outra fotografía:
Tipo de ben: Hórreo,
Concello: Poio
Parroquia: Poio (San Xoán)
Lugar: Ucha
Outra denominación do ben: Palleira de Costráns
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Estas, xunto coa palleira de costráns de Arís, son as derradeiras da súa especie.
Canastro con tres pares de esteos en cantería de granito de arestas vivas. Os tornarratos son cilíndricos e neles apousentase a grade ou armazón que sustenta a cámara. O pouco que queda do piso é de madeira. Sobresaen os chuzos nos cruces das padieiras. Sobre as mesmas padieiras da base ían cravadas unhas varas cilíndricas sobre as que se realizaba a labor de ‘enmallaghe’ con varas de costráns de salgueiro de forma continua ao longo dos costales e dunha parede testeira. Na outra parede testeira, a do sol nacente, atopamos a porta de entrada que consiste en taboas verticais que sosteñen unha lumieira sobre a que vai o único pinche. A outra parede testeira non ten pinche. O cumio do teitume aséntase sobre unha estrutura en forma de tixeira nos seus extremos e nun travesaño de madeira. A cubrición do teitume estaba feita no seu día de colmo, aínda que hoxe está cuberta por unha sorte de tela asfáltica suxeita con ancoraxes industriais de manufactura moderna.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Decreto 449/1973 de 22 de febrero por el que se colocan bajo la protección del Estado los “hórreos” o “cabazos” antiguos existentes en Asturias y Galicia. B.O.E. número 62, 13 de marzo de 1973.
Dispoñible en:https://www.boe.es/boe/dias/1973/03/13/pdfs/A05042-05043.pdf
López Solís, J.M. y otros “Hórreos de la parroquia de San Juan de Poyo” Pontevedra: Museo de Pontevedra, 1974. Tomo XXVIII.
Vallejo Pousada, Rafael. “Guía del Conjunto Histórico de Combarro” Poio: A Solaina, 2013. ISBN: 978-84-616-3203-9
Dacosta Paz, Andrés “s derradeiras palleiras de Costráns en Poio” Faro de Vigo, 5-01-2014. Páx 7.
Dispoñible en: http://asolainacombarro.blogspot.com.es/p/palleiras-de-costrans-en-poio.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Estado ruinoso en sen mantenemento. As estruturas de madeira e sobre todo as enmallaghes de sabugueiro está a ser danada pola couza.
Onde está localizado
Latitude: 42.4510829211Lonxitude: -8.69692996144
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84




620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!





4 comentarios
Pablo Eirín says:
Xan 10, 2015
Figura no catálogo de Edificios e Conxuntos dos Termo Municipal de Poio, ficha 38-H20(?), dispoñible en:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/POIO/documents/2501NO010.PDF
Inda que a descripción no é correcta, as paredes non son de mimbre.
Cristina da Ulloa says:
Dec 29, 2016
Quixen facer un comentario na Palleira de Aris e non souben, por mais que lle din ao link, non abriu ventá ningunha. O caso é que nese ben di que está entretecido con sabugueiro (Sambucus nigra) cando o correcto é salgueiro (Salix sp.), vexo sen embargo que nesta palleira, a de A Ucha, si está ben posto.
O sabugueiro non serve para facer traballos de cestería.
Pablo Eirín says:
Nov 26, 2019
Xa non existe!!
No último ano, unha galerna levou o que quedaba do enmallaghe en mesmo tumbou un dos pes.
Tivena oportunidade de conversar cun veciño que lebraba a palleira cando él era cativo hai uns sesenta anos. Polo que tiña escoitado na familia, etivo ahí dende sempre, e mesmo unha tia súa a lembraba sendo ela cativa. Polo que calcula que tería máis de 150 anos.
Florencio Cobo Arias says:
Set 17, 2020
Buenos días, soy Florencio Cobo Arias y llevo varios años estudiando los hórreos en Asturias, sus modelos y decoración. Me interesaría, si es posible, me enviáseis información y fotografías de las palleiras de Arís y de Ucha con más calidad que la contenida en la página “patrimoniogalego.net”. Conozco el trabajo llevado a cabo, en los años setenta del pasado siglo, por el profesor A. García Alen sobre los ejemplares, ya desaparecidos, localizados en San Martiño, Fontela y Os Pereiros, así como la obra de Ignacio Martínez Rodríguez y otros estudios de diversos autores.
Muchas gracias, un saludo