Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Sanxenxo
Parroquia: Padriñán (San Xenxo)
Lugar: Iglesia s/n, 36960 Sanxenxo
Outra denominación do ben: Igrexa Vella de San Xinés
Cronoloxía: Época Baixomedieval, Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
As súas liñas correspondense aos templos abertos polas ordes mendicantes nos séculos XV e XVI polas zonas costeiras, coñecidas como estilo mariñeiro.
É unha construción dunha soa nave dividida en catro tramos por sinxelos arcos apuntados, de sección rectangular, sobre piares de curto fuste; cuberta en carpintería de madeira e tella do país. A Cabeceira é de planta rectangular con cuberta de bóveda estrelada de cinco claves, e nervios de perfil triangular, que reposan sobre ménsulas cun arco triunfal apuntado. Polo exterior da cabeceira, temos unha cornixa con un moldura de bola.
No terceiro tramo da nave, na beira meridional, temos unha capela cuberta de bóveda de canón apuntado cuio arco apuntado esta decorado con bolas e cuxa clave ten un anxo axeonllado cunha pergamiño no que se le ‘AVE MARIA’.
Na beira septentrional da capela maior, temos a sacristía. É un engadido moderno, a que se pasa por unha porta de arco rebaixado. A esquerda da fachada temos acaroada a torre barroca do campanario engadido entre os anos 1796 e 1900.
Encima do pórtico, sinxela balaustrada coa virxe do carme.
No exterior, temos unha fachada lisa con porta alintelada e enriba un oco coa imaxe en granito da Virxe do Carme. Pola beira septentrional temos un arco conopial sobre a que vai unha inscrición gótica:
ES STO CRATO UN ESPRITU OMINT
CTO DONO HITAS MUNDU SANTISTI ANNO
( Eres santísimo alabado, Eres santísimo único espíritu omnipotente Xesucristo. Habitas o mundo, señor. Santificaste o ano)
Tamén podemos atopar nesta beira tres escudos nobiliarios.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
No interior, temos un retablo maior de estilo barroco divido en dous pisos. No piso superior, temos a figura de Cristo crucificado rodeado por catro anxos; e no inferior en tres ocos separado por estípites, temos as imaxes de San Xoán Bautista, San Xinés e San Roque.
Hai ademais o retablo da Purificación na capela Sur e o retablo de San Xosé na beira sur con escudos heráldicos no seus cumios. Entre estas capelas e a cabeceira hai outros dous retablos. Todos eles de feitura semellante de estilo barroco de finais do século XVIII.
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Cuadrado, Luís. “La Villa de Sanxenxo” Pontevedra: Revista Museo de Pontevedra, 1981. ISSN 0210-7791. Vol. XXXV. Páxs. 306-312.
García Alén, Alfredo. “Inventario arqueológico y artístico”. Revista Museo de Pontevedra, 1981. ISSN 0210-7791. Vol. XXXV. Páxs. 329. Lam. XXXI, XLV, XLVI, XLLII e XLVIII.
P.X.O.M. 27/02/2003 “Catálogo de Patrimonio”. Concello de Sanxenxo, 24-02-2003. p. 46. Dispoñible en:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/SANXENXO/documents/0927CA006.pdf
“Normas Complementarias e Subsidiarias de Planeamento da Provincia de Pontevedra. Catálogo: Inventario de Patrimonio Cultural”. Dispoñible en: http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/GALICIA/documents/PONPA005.pdf
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.3996807202Lonxitude: -8.80681335926
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
4 comentarios
Oscar Franco says:
Mai 29, 2016
A prensa escrita do 28 de maio de 2016 recolle a aparición duns retablos pictóricos que poden dar moito que falar:
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/sanxenxo/2016/05/28/pinturas-quemadas-desvelan-ataque-drake-sanxenxo/0003_201605P28C5991.htm
Oscar Franco says:
Ago 26, 2016
A restauración desta igrexa segue dando numerosos e interesantes achádegos. Así o recolle a prensa escrita do 25 de agosto de 2016:
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/sanxenxo/2016/08/25/sanxenxo-descubre-capilla-sixtina/0003_201608P25C5991.htm
Oscar Franco says:
Ago 7, 2017
Os frescos do interior desta igrexa son nova na prensa do 26 de xullo de 2017:
https://galego.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/sanxenxo/2017/07/26/sanxenxo-recupera-frescos-5-siglos/0003_201707P26C5991.htm
Oscar Franco says:
Feb 15, 2018
A prensa escrita do 11 de febreiro de 2018 recolle a nova da recuperación de tres escudos heráldicos que se atopaban ocultos no interiro desta igrexa:
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/sanxenxo/2018/02/11/remata-rehabilitacion-tres-escudos-piedra-iglesia-antigua-sanxenxo/0003_201802P11C8992.htm