Outra fotografía:

Tipo de ben: Pecio/Xacemento submarino,
Concello: Malpica de Bergantiños
Parroquia: Malpica de Bergantiños
Lugar: Illas Sisargas
Outra denominación do ben: Pecio do Priam
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

O SS Priam era un barco mercante británico de ferro, impulsado a vapor (620 I.H.P.) e vela, e construído en 1870.

Tiña 95,5 m. de eslora, 10,4 m. de manga e 8.6 m. de puntal, con 2039 de T.R.B. Pertencía á Blue funnel line – Ocean Steamship Company, e o seu capitán era Edward Thomas Jackson.

O 11 de Xaneiro de 1889, de camiño Liverpool – Shanghai transportando carga general, con 42 tripulantes e cinco pasaxeiros a bordo, tocou nun baixo perto das Illas Sisargas e embarrancou, debido a forte néboa. Partiu en dous e morreron no naufraxio nove persoas.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:

Sábese da chegada aos areais da zona de multitude de pezas da carga do navío. Moitas foron vendidas na época nos marcados da Coruña. Os pianos estiveron en uso en varios lugares de Arteixo. Actualmente descoñecese o paradoiro de todos eses elementos.


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Maceiras X.; Patricio Cortizo F., 2014. De Liverpool ás Sisargas, a derradeira travesía do Priam. Embora ed.

http://argologia.blogspot.com.es/2014/05/el-naufragio-del-priam.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Descoñécese o estado actual do pecio, pero si se sabe que foi desguazado na altura.


Onde está localizado

Latitude: 43.3576374721
Lonxitude: -8.82820129395
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84