Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Sanxenxo
Parroquia: Adina (Santa María)
Lugar: Rúa Cervantes, Portonovo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Curioso cruceiro na vila de Portonovo que destaca pola planta triangular da plataforma de tres chanzos. No último chanzo podemos ver unhas aspas que interpreto como tibias cruzadas. Non ten baseamento. O varal é oitavado, rematado nun collarino octogonal, non sendo na base que é de sección cuadrangular cun cadrado en baixo relevo nas facetas. O capacete posúe un equino sobre o que caen as volutas angulares. Na parte central do ábaco, enriba as volutas, vemos cabezas de querubíns, non sendo na fronte, baixo o Cristo, onde vemos a caveira sobre tibias, na súa posición correcta.
Remata o conxunto unha sinxela cruz latina de sección rectangular. Na fronte vemos un Cristo crucificado baixo cartela de INRI, aínda que non se le a inscrición, e no reverso, a Virxe co meniño Xesús no colo sostidos por un querubín a modo de peaña. Os ollos con forma de améndoa, as liñas rectas nas extremidades e unha forte frontalidade denotan o estilo dunha labra popular.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
P.X.O.M. 27/02/2003 “Catálogo de Patrimonio”. Concello de Sanxenxo, 24-02-2003. p. 78. Dispoñible en:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/SANXENXO/documents/0927CA009.pdf
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.3935848148Lonxitude: -8.82547214627
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
Últimos comentarios