Outra fotografía:

Tipo de ben: Hórreo,
Concello: Sanxenxo
Parroquia: Adina (Santa María)
Lugar: Rúa Progreso, Portonovo
Outra denominación do ben: Hórreo I de Portonovo
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Nesta área chámanlle piorno a estas construcións, independentemente da feitura ou materiais.

Este en concreto, ten tres pares de esteos colocados de dous en dous sobre cepas. Os tornarratos son cilíndricos coa faceta superior redondeada. Os pasaventos das paredes costais van formadas por doelas de madeira unidas por unha faixa. As dúas seccións das paredes costais están separadas por un piar de pedra con dous ocos verticais máis un terceiro no medio circular

Namentres, as paredes testeiras son de perpiaños que amosan unha pequena fisura alongada na unión base dos perpiaños e labradas na parte maciza dos mesmos unha sería de seis ocos, que se van estreitando cara ao interior. A base destes ocos é alintelada namentres que na parte superior e en arco de medio punto.

O pinches levan tamén ocos con formas xeométricas a modo de ornamentación. Rematan as paredes testeiras os consabidos penales. O testeiro que mira a rúa remata nunha cruz con estremos en flor sobre namentres que da outra beira so se conserva o baseamento, non sabendo se tiña unha cruz ou outro tipo de ornamento.

No interior, o piso é de madeira. A cuberta é tamén de carpintería de madeira e tella do país. A destacar a prominencia do beiril, característica na área de Sanxenxo.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.3929915342
Lonxitude: -8.82487267256
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84