Outra fotografía:
Tipo de ben: Hórreo,
Concello: Sanxenxo
Parroquia: Adina (Santa María)
Lugar: Rúa San Roque, Portonovo
Outra denominación do ben: Hórreo 2 de Portonovo
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Piorno sobre portal de entrada a eira dunha casa particular. Presenta catro pares de esteos con tornarratos circulares, sendo o tramo entre o primeiro e segundo par máis alongado que o resto para salvar o espazo do portal. Os pasaventos das paredes costais son de doelas e faixa de madeira, separas por un piar de pedra macizo. As paredes testeiras son macizas, sen ocos, en pedra de perperpiaño. No interior, te piso de madeira.
Cuberta en carpintería de madeira e tella do país, cun prominente beiril. Penales sobre pinches nas paredes testeiras, coroadas por unha cruz, nun extremo.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.3928251373Lonxitude: -8.8243791461
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
3 comentarios
adela suma says:
Xuñ 1, 2014
Coma información complementaria, engado o enlace á ficha (elemento CSX00-361, páxina 156)
do catálogo do planeamento vixente, un PXOM (2003):
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/SANXENXO/documents/0927CA017.pdf
Pablo Eirín says:
Xuñ 1, 2014
Moitas grazas, Adela.
Descoñecia que este concello houbera catalogado algúns dos seus piornos. Engadirei a información a ficha.
adela suma says:
Xuñ 1, 2014
De nada, para eso estamos 😀