
Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Poio
Parroquia: Poio (San Xoán)
Lugar: San Martiño
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Cruceiro erguido sobre unha plataforma de tres chanzos a carón da ermida de San Martiño. O baseamento é pequeno e semella máis un carto chanzo do baseamento.
O varal é de sección cadrada no seu primeiro cuarto, ornamentado con motivo xeométricos, para pasar a ser despois oitavado. Na parte superior, no reverso, temos un epígrafe moi erosionado e de difícil lectura que interpreto como:
S·NI
G:L·
1·7·2
Enriba do epígrafe temos sobre una peaña con volutas a figura de San Xurxo que viste armadura mentres somete cunha lanza a un dragón aos seus pés.
O capacete é complexo, comeza cun collarino que da paso a unha cesta ornamentada con listas verticais para rematar en volutas angulares baixo o equino. Entre as volutas temos querubíns alados labrados polo miúdo, non sendo no lateral dereito onde atopamos, no lugar erróneo, a caveira sobre tibias. Pola beira esquerda do capitel, e ao longo da súa altura, podemos ver unha figura que viste túnica pero que non fomos quen de identificar.
A cruz está danada e carece de brazos e metade superior. No reverso, ainda podemos ver a Virxe do Perpetuo Socorro, co meniño Xesús no colo, escorrentando cun pau ao diaño aos seus pés namentres unha ánima trepa pola súa saia. No anverso, vemos a figura de Cristo crucificado cunha gran perda de volume. So se conservan as extremidades inferiores.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
“Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico.” BOE de 30 de marzo de 1963. nº 77. Páxina 5363. Dispoñible: https://www.boe.es/boe/dias/1963/03/30/pdfs/A05363-05363.pdf
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.4455785657Lonxitude: -8.6947748065
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!




