Outra fotografía:

Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Sanxenxo
Parroquia: Noalla (Santo Estevo)
Lugar: Quintáns
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

O Pazo de Quintáns foi comprado polo Concello de Sanxenxo hai poucos anos, aínda que actualmente está en estado de abandono e de derrube por falta de coidados.

Os seus muros están feitos en pedra de perpiaño con planta en forma de ‘L’ con planta terreña e primeiro andar con piso de madeira na maior parte. Na beira sur, ten un balcón en pedra sobre canzorros con peitoril de madeira, comunicado co interior a través de dúas portas acristaladas. Entre estas, atópase un escudo heráldico coas armas dos Valladares e dos Padín.

A carón desta beira temos un portal de entrada en unha capela que mira cara ao exterior.

A fachada este dá un espazo axardinado delimitado por un muro alto de pedra cunha fonte central en pedra. Destaca nesta beira, unha escaleira de pedra con peitoril barroco. Tamén hai un escudo heráldico coas armas dos Rivera, os Figueroa, os Ulloa, os Torres e os Aponte. Contiguo a este espazo polo este, hai outro espazo delimitado por un muro destinado a horta.

A beira oeste, tamén da a un espazo pechado por un muro cun portal de entrada coroado por unha cruz e dous pináculos. Neste espazo atopamos un lavadoiro en pedra.

Na beira norte destaca unha galería en fábrica de madeira que mira a unha leira onde se atopa un piorno sobre celeiro de grandes dimensións.

No interior destaca a cociña con piso de pedra e unha gran lareira nunha esquina.

A cuberta está feita en carpintería de madeira e tella do país a varias augas.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Cuadrado, Luís. “La Villa de Sanxenxo” Pontevedra: Revista Museo de Pontevedra, 1981. ISSN 0210-7791. Vol. XXXV. Páxs. 305.

García Alén, Alfredo. “Inventario arqueológico y artístico”. Revista Museo de Pontevedra, 1981. ISSN 0210-7791. Vol. XXXV. Páxs. 327. Lam. XXXII y LX.

P.X.O.M. 27/02/2003 “Catálogo de Patrimonio”. Concello de Sanxenxo, 24-02-2003. p. 60. Dispoñible en:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/SANXENXO/documents/0927CA007.pdf

“Normas Complementarias e Subsidiarias de Planeamento da Provincia de Pontevedra. Catálogo: Inventario de Patrimonio Cultural”. Dispoñible en: http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/GALICIA/documents/PONPA005.pdf

Ligazóns Externas:
Otero, María. “Pazo de Quintáns.Ruta de la leyenda”. Camino por Sanxenxo, 17-8-2012. Dispoñible en: http://caminoporsanxenxo.blogspot.com.es/2012/08/ruta-de-la-leyenda-20.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Actualmente a propiedade está abandonada. A cuberta vese derrubada nalgúns tramos e faltan partes no piso de madeira, estando o resto apodrecendo. Na galería esterior faltan os cristais das fiestras e medra a vexetación que está a invadir o espazo interior.


Onde está localizado

Latitude: 42.4341433822
Lonxitude: -8.85661661625
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84