Outra fotografía:
Tipo de ben: Hórreo,
Concello: Sanxenxo
Parroquia: Noalla (Santo Estevo)
Lugar: Estrada 9212, Quintáns
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Cámara sobre celeiro cunhas dimensións aproximadas de 16 metros de longo por catro de ancho.
O celeiro é de pedra de perpiaño rematada nunha imposta prominente que percorre todo-lo seu perímetro a xeito de tornarratos.
A cámara ten os muros testeiros sen ocos de perpiaño namentres que nos costais atopamos os pasaventos feitos en fabrica de ladrillos coas peañas de granito separando os tramos.
A cuberta é de uralita e tella do país a dúas augas. Nos extremos dos penales temos un pináculos con forma piramidal namentres que nos cumio dos mesmos hai outras figuras que non podemos distinguir por mor da vexetación que a cubre.
No interior non se conserva o piso da cámara ainda que aínda podemos ver un muro divisorio transversal en fábrica de ladrillo. O piso do celeiro é de terra pisada.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
O interior está baleiro, é dicir, no conserva o piso e hai desechos.
Onde está localizado
Latitude: 42.4345986917Lonxitude: -8.85669708252
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
adela suma says:
Xuñ 1, 2014
O Pazo de Quintáns é un ben catalogado na súa totalidade: finca sngular, pazo, capela e hórreo;
o catálogo do PXOM (2003) vixente contén o ben na ficha CSX00-49 (páxina 60):
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/SANXENXO/documents/0927CA007.pdf