Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Pontevedra
Parroquia: Alba (Santa María)
Lugar: Reiriz
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Cruceiro restaurado en novembro de 2013. Con anterioridade a esa data, os diversos restos nos que estaba fracturado conservábanse na casa dalgún veciño.

Destaca pola labra do conxuntos escultóricos en ámbalas dúas beiras da Cruz aínda que moi estragados e con perdas de material. Polo reverso, temos unha representación da Quinta Angustia na que a Virxe, cuberta por un manto con detallados pregos, sostén o corpo morto de Cristo no seu colo. Coa súa man dereita suxeita a cabeza namentres que a outra man sostén a man esquerda de Cristo mostrando as súas chagas abertas. A figura de Cristo é proporcionalmente máis pequeno que o da Virxe, amosando un brazo pendurando no aire coa man aberta, namentres as pernas dobradas polos xeonllos se dispoñen paralelas para amosar ámbalas dúas frontalmente. O conxunto érguese sobre a cabeza dun querubín coas ás despregadas.

Pola fronte da cruz, temos a Cristo crucificado acompañado pola Virxe a súa dereita e San Xoán na súa beira esquerda. As costelas do cristo forman un arco en torno ao estómago e ten o pano de pureza amarrado a súa dereita. Esta conxunto está moi danado por estaren perdidas as cabezas dos santiños e do Cristo, así como os brazos da cruz e tamén do Cristo.

O capacete é sinxelo no que se presentan unhas volutas angulares descendendo sobre un amplo equino. Non hai figuras de querubíns.

O varal é oitavado cunha gran fractura reconstruída na parte media, xusto debaixo dos santiños. A súa base é de sección cadrada cun cadrado en baixo relevo en cada faceta. Na parte media, vemos catro santiños, un en cada dirección e a mesma altura. Na parte frontal vemos a santo Estevo nu e amarrado con cordas a unha árbore; no reverso a San Bieito con túnica de frade e libro de constitucións, na beira esquerda unha figura con mitra a báculo papal; e na dereita a Santa Margarita co demo aos seus pés e unha coroa de follas na súa man dereita.

Ten un baseamento con arestas redondeadas e motivos xeométricos como ornamento en cada faceta. Finalmente, o conxunto érguese sobre unha plataforma de planta cadrada con catro chanzos estando os dous derradeiros moldurados.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Puga, Natalia “Patrimonio autoriza la restauración del crucero de Campañó” [en liña] Pontevedra Viva!com, 27-12-2013. Dispoñible en: http://pontevedraviva.com/xeral/8725/patrimonio-autoriza-recuperacion-crucero-campano/


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.4857247204
Lonxitude: -8.64880174398
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84