
Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Pontevedra
Parroquia: Lérez (San Salvador)
Lugar: Casal Novo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Cruceiro cunha plataforma de tres chanzos parcialmente soterrado no asfaltado da estrada. O baseamento é cubico coas arestas superiores rebaixadas e amosa un epígrafe na parte anterior moi erosionado no que inda se pode ler:
MANDOAY
–ESTAOBRA-
—
Pola beira dereita, vemos que hai outra inscrición, aínda que de moi difícil lectura. Interpreto que pon:
CACHA—
Na beira posterior hai unhas marcas pero descoñezo o significado se o tivera.
O varal e oitavado cun santiño na beira esquerda que leva mitra e un báculo. O capitel é case cilíndrico coas follas de acanto, volutas angulares, querubíns centrais e a caveira baixo o Cristo. A cruz é oitavada e por unha banda amosa a Virxe na súa advocación de gloriosa e o Cristo pola outra beira. A labra é superficial sen profundar moito no bloque de pedra senón o mínimo para definir as formas. Os detalles veñen polo relevo non polo volume dos mesmos.
Cravado no capitelo aínda conserva uns ferros colgados para colgar un candil e alumear o camiño.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
“Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico.” BOE de 30 de marzo de 1963. nº 77. Páxina 5363. Dispoñible: https://www.boe.es/boe/dias/1963/03/30/pdfs/A05363-05363.pdf
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.4567959626Lonxitude: -8.63031327724
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!




