Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro, Pazo / Casa Grande,
Concello: Pontevedra
Parroquia: Lérez (San Salvador)
Lugar: O Cruceiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Cruceiro achegado ao muro dunha finca privada. Ten unha plataforma de planta cadrada de dous chanzos, cun pequeno baseamento octogonal. A base do varal amosa catro retablos nos que vemos os instrumentos da paixón de Cristo: na faceta frontal, vemos o látego; na beira esquerda, a coroa de espiñas; na beira dereita, un martelo; e finalmente na parte posterior, un par de tenaces.

O resto do varal é oitavado cunha santiña na fronte, na que se representa a unha muller que somete ao demo os seus pes namentres un meniño agarrase a súa saia en busca de protección. A muller, Santa Margarita, leva unha coroa de laurel na súa man, símbolo do seu martirio.

O capitelo é sinxelo, cilíndrico e moldurado cun equino moi groso. Sobre el elevase a cruz sen ornamentación. Na parte frontal, o anverso, Cristo crucificado, case que en relevo, en na parte posterior, reverso, a Virxe na súa advocación da Quinta Angustia, na que sostén o corpo de Xesús xa morto no seu colo.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.451534842
Lonxitude: -8.63491997123
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84