Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Pontevedra
Parroquia: Lérez (San Salvador)
Lugar: O Castelo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Cruceiro con abundante imaxinería. Ten unha plataforma cadrada de dous chanzos. Sobre el, un baseamento de arestas superiores rebaixadas e con epígrafes en tres das beiras, aínda que moi erosionadas e de difícil lectura:
No anverso, pola beira onde se atopa o cristo podemos ver a inscrición:
IHS

Pola beira dereita, aínda se pode ler con un chisco de paciencia:

JVAN ANTONIO NIS
PERES I SV PADRE
I SV MADRE I SV
MVJER

Pola banda onde se atopa a virxe a léctura no é posibl aínda que se pode interpretar algúns caracteres, pero non fun quen de ler as dúas derradeiras liñas:

ARI–ENI-A
___
___

E por derradeiro, na beira esquerda temos a data de construción:

ANO DE
1784

O varal é oitavada con catro santiños con diferentes atributos polas catro beiras. Capitel composto con follas de acanto, volutas angulares e os querubíns no centro, non sendo baixo o Cristo onde podemos ver a caveira sobre tibias no lugar correcto. A cruz é nudosa e ten por unha banda a Cristo crucificado e pola outra a Virxe na súa advocación de Gloriosa, coroada por dous anxos, cun demo de expresión burlesca aos pés. As imaxes teñen unha labra elaborada polo miúdo e tratamento de bulto redondo no que o corpo de Cristo despégase do pau da cruz.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.4606319384
Lonxitude: -8.6288715899
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84